Fundación Manuel María de Estudos Galegos
11/01/2019
Será o sábado 19 de xaneiro, ás 19 hrs, e xunto ao libro, tamén se dará a coñecer unha unidade didáctica, "Cantos de traballo das mulleres do mar", elaborada polo propio Xurxo Souto
Xurxo Souto presenta o sábado 19 de xaneiro, na Casa-Museo Manuel María, ás 19 hrs, a súa última publicación, A gran travesía de Chiruca Macallás, unha novela personalísima, cunha enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís
A obra conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación.
Na propia presentación, Xurxo Souto dará a coñecer unha unidade didáctica elaborada por el e que leva por título "Cantos de traballo das mulleres do mar".